As Berenguelas

As Berenguelas

jueves, 29 de diciembre de 2016


QUEN SOMOS?

A “Asociación de Mulleres As Berenguelas (AMAB)” somos un grupo de mulleres que vivimos no rural do municipio de  Culleredo.

Decidimos organizarnos como tal para defender as nosas liberdades e dereitos como persoas, atendendo especialmente ás nosas características como mulleres, procurando promover deste xeito, a nosa integración total nos ámbitos social, laboral, cultural e político, sempre loitando pola mellora xeral das nosas condicións de vida e a igualdade de oportunidades.


QUE PROCURAMOS?


O noso obxectivo principal é traballar pola consecución dunha igualdade real entre homes e mulleres no eido laboral, social e educativo, denunciando calquera discriminación que se produza en relación cos dereitos e intereses das mulleres.

Ademais, temos tamén outras metas por acadar, entre as que se atopan:

  • Ter peso para acceder con máis facilidade a programas, cursos, conferencias, xornadas …, promovidas pola Administración (Concello, Xunta, Deputación e outras entidades estatais), ademais dos que organice a propia Asociación. 
  • Solicitar da administración, aproveitando a forza que da una colectividade, servizos sociais no eido rural, para mellorar así, a atención na educación, sanidade, e en especial na atención á infancia, os maiores e os discapacitados. 
  • Axudarnos entre nos, resolvendo posibles dúbidas e apoiarnos ante calquera conflito que se poida presentar. 
  • Xuntar á veciñanza en actividades de lecer: festas, concursos, gastronomía, e calquera tipo de evento que nos axude a coñecernos e relacionarnos entre nos, facendo noso ese dito tan galego “mentres canto non choro, nin falo mal de ninguén”. 


QUE PRECISAMOS DE TI?



  • ·         Que formes parte desta asociación; cada socia conta, e canto máis grande sexa a colectividade, máis logros acadaremos que nos beneficien a todas.
  •  ·         Que colabores ca túa opinión e as túas ideas, que participes. Ningunha voz é máis importante que outra.
  •  ·         Todos temos algunha aptitude especial, queremos que aportes a túa e que entre todas compartamos saberes e experiencias que nos enriquezan.



É dicir, precisamos as túas ganas de avanzar, de aprender, de pasalo ben e de loitar polos nosos dereitos e liberdades.

“Ser libre non é soamente desamarrarse das propias cadeas, senón vivir nunha forma que respecte e mellore a liberdade dos demais” (Nelson Mandela).