QUEN SOMOS?
A “Asociación de Mulleres As Berenguelas (AMAB)”
somos un grupo de mulleres que vivimos no rural do municipio de
Culleredo.
Decidimos organizarnos como tal para defender as
nosas liberdades e dereitos como persoas, atendendo especialmente ás nosas
características como mulleres, procurando promover deste xeito, a nosa
integración total nos ámbitos social, laboral, cultural e político, sempre loitando
pola mellora xeral das nosas condicións de vida e a igualdade de oportunidades.
QUE
PROCURAMOS?
O noso obxectivo principal é
traballar pola consecución dunha igualdade real entre homes e mulleres no eido
laboral, social e educativo, denunciando calquera discriminación que se produza
en relación cos dereitos e intereses das mulleres.
Ademais, temos tamén outras
metas por acadar, entre as que se atopan:
- Ter peso para acceder con
máis facilidade a programas, cursos, conferencias, xornadas …, promovidas
pola Administración (Concello, Xunta, Deputación e outras entidades
estatais), ademais dos que organice a propia Asociación.
- Solicitar da administración,
aproveitando a forza que da una colectividade, servizos sociais no eido
rural, para mellorar así, a atención na educación, sanidade, e en especial
na atención á infancia, os maiores e os discapacitados.
- Axudarnos entre nos,
resolvendo posibles dúbidas e apoiarnos ante calquera conflito que se poida
presentar.
- Xuntar á veciñanza en
actividades de lecer: festas, concursos, gastronomía, e calquera tipo de
evento que nos axude a coñecernos e relacionarnos entre nos, facendo noso
ese dito tan galego “mentres canto non choro, nin falo mal de
ninguén”.
QUE PRECISAMOS DE TI?
- · Que formes parte desta asociación; cada socia conta, e canto máis grande sexa a colectividade, máis logros acadaremos que nos beneficien a todas.
- · Que colabores ca túa opinión e as túas ideas, que participes. Ningunha voz é máis importante que outra.
- · Todos temos algunha aptitude especial, queremos que aportes a túa e que entre todas compartamos saberes e experiencias que nos enriquezan.
É dicir, precisamos as túas
ganas de avanzar, de aprender, de pasalo ben e de loitar polos nosos dereitos e
liberdades.